lunes, septiembre 11, 2006

 

PAN POR PAN venres 3 de marzo do 2006

PAN POR PAN venres 3 de marzo

Falouse nestes días de dous ourensáns en Madrid: non se asusten, desta vez non foi por ningunha nova macabra, nin de asasinatos de nenas, nin pederastia nin nada diso. O Congreso dos Deputados instou a rehabilitación de Alexandre Bóveda e das máis de tres mil vítimas directas da guerra civil e citouse alí o nome de Manuel Suárez Castro. Bóveda é un símbolo consagrado do mellor que xenerou este país: o alento por modernizar a economía, o pulo para sacar adiante o Estatuto de Autonomía, o compromiso radical co galeguismo. Manuel Suárez Castro foi o alcalde socialista da cidade, fusilado en 1937: mestre de obras, foi un dos responsábeis da obra da fermosa Praza de Abastos que aínda conservamos. Era un home moderado, da liña prietista, atacado nos inicios da República por comunistas e anarquistas. Malia iso, a besta fascista enguliuno: era tamén o alcalde da Fronte Popular.
(Publicado por Márcos Valcárcel, en diario "La Región"(Ourense, 3-3-2006).

Comments: Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?